Onte 387: Día da Tradución
Na mesa redonda que AGPTI organizou no Kunsthalle de Compostela con motivo do Día Internacional da Tradución insistiuse na necesidade de ampliar a base de lectorado en galego e de promover as políticas públicas de fomento da lectura que faciliten a visibilización da oferta editorial e permitan vencer os prexuízos existentes sobre a lectura na nosa lingua. A diminución das axudas públicas á tradución, a desaparición dos patrocinios das caixas e a inexistencia dun plan de tradución de clásicos universais para o galego (previsto na Lei do Libro e da Lectura de 2006, aínda vixente) foron outras cuestións que se puxeron sobre a mesa. Gustei da atmosfera que se respiraba neste foro profesional no que a pesar das incertezas provocadas pola crise agromaron faíscas contaxiosas do optimismo da vontade. A miña gratitude ás organizadoras polo convite.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir