Onte 1949: «The Post»: let’s publish
A escena máis emocionante de The Post é cando Ben Bradlee, o director do xornal, chama á rotativa para poñer en marcha a impresión do xornal. Nese «let´s publish» resúmese a pulsión da afouta editora, Kate Graham, interpretada de forma maxistral por Meryl Streep, despois de vencer as presións e asumir en carne propia os perigos que para ela e para a súa empresa supón facer efectiva a responsabilidade social do xornal e o seu compromiso coa liberdade de edición, recoñecida na primeira emenda. Xaora, ao longo do treito final desta narración épica de Spielberg, que corre toda coma unha seda, non puiden evitar o desacougo de comprender que ese xornalismo reivindicado na pantalla, onde existía certa autonomía entre os seus responsables e o poder político, é o que está sendo dinamitado hoxe en España. En todo caso, outra película interesante, non exenta de certa autocompracencia hoollywoodiense, que reivindica a épica do xornalismo de trincheira, «ese borrador da historia» que está en claro perigo de extinción.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir