Onte 1890: «Their Finest»
A directora dinamarquesa Lone Scherfig ofrece en Their Finest un melodrama localizado no Londres bombardeado polos nazis. Un film de impecable fasquía clásica onde todo está tan medido e equilibrado que cae no perigo de que a súa beleza sexa considerada insubstancial e escasamente singular. As interpretacións protagonistas son magnificas,sobre todo a de Gemma Aterton e a dun brutal Bill Nighy, que supera con creces o seu inesquecible personaxe de Love Actualy. A música e a ambientación (notables) crean o clima propicio que permite enfrontarse a unha traxicomedia (romántica) na que a directora intenta fuxir do sentimentalismo, afirmando en cada volta de guión o talento e a liberdade das mulleres. Neste empoderamento feminino e na reivindicación da coherencia do relato cinematográfico, subliñada pola protagonista, a guionista dun filme propagandístico, que pretende emocionar ao público en días decisivos para o futuro da guerra, radica o maior interese desta película, que se deixa ver sen esforzo.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir