Onte 1654: Abril
A rede inundouse onte de lembranzas daquel 25 de abril de 1974, un día, como salientou a poeta Sophia de Mello Breyner, “onde emergimos da noite e do silêncio / e livres habitamos a substância do tempo“. Unha efeméride que continúa emocionando e achegando azos de esperanza a nosa xeración, tantas veces derrotada, mais por ventura, aínda non completamente vencida. Despois de catro décadas, Abril representa os valores da igualdade e da fraternidade quebrados polo fracaso tanto do proxecto de integración e acollida europeo como polas políticas de austeridade impostas pola troica á cidadanía dos estados do sur. Xaora, o anceio de Abril continúa vivo, funcionando como un acicate contra o conformismo paralizante. Sempre Abril!!!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir