Onte 1576: Titiriteiros
Na polémica sobre os titiriteiros cómpre diferenciar entre dúas cuestións de dimensións ben diferentes: o encarceramento de dúas persoas acusadas dun delito tipificado no código penal e os criterios utilizados polo concello de Madrid na confección da súa programación cultural. Con respecto á primeira, diversas versións coinciden en que a compañía Títeres desde abajo programou unha obra satírica, polo tanto politicamente incorrecta, na que un dos personaxes poñía nas mans doutro unha pancarta na que se podía ler “Gora Alka-Eta”, o que pode considerarse máis ou menos desafortunado, pero moi dificilmente cualificar como de apoloxía do terrorismo. Xaora, semella desproporcionado encarcerar (sen posibilidade ningunha de fianza) aos dous membros da compañía por esta acusación. A teor da segunda cuestión, o concello de Madrid debería dar a coñecer cales foron os criterios e o procedemento utilizados para confeccionar a súa programación teatral para todos os públicos, onde se incluíu a que é obxecto desta polémica. Quizais de aí poidan dirimirse responsabilidades políticas. Con todo, temo que tras o teón dos titiriterios se diriman outras batallas.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir