Onte 1563: No Saviñao con Xabier Quiroga
Viaxamos onte ao Escairón para acompañar a Xabier Quiroga na presentación de Izan o da saca. Foi Enrique Sampil, o presidente do Círculo Saviñao, quen lembrou que pasaran catorce anos daquel acto inesquecible no que presentamos no mesmo salón Atuado na braña, a primeira da media ducia de novelas publicadas polo autor de Cabo do Mundo. Mais dunha década na que Xabier Quiroga consolidou unha novelística de longo alento na que mestura identidade e memoria, creando espazos literarios de seu como a braña de Bouzuás ou os territorios do Cabo do Mundo na Ribeira Sacra. A calidade incuestionable de cada unha das súas páxina (máis de 2.400 publicadas) e o coidado desenvolvemento e precisa documentación das tramas caracterizan cada unha das súas entregas. Onte no Saviñao, agarimado pola súa xente, recibiu un apoio moi emocionante. Beizóns, Xabier!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir