Onte 1553: Epifanía
Tras a noite da ilusión da cativada e os agasallos familiares de Reis da mañá de onte pechamos o nadal e as súas larpeiradas. Comezamos hoxe o noso ano novo arrastrando as súas rotinas e problemas vellos, mais tamén (e por ventura) con azos renovados e boas doses de enerxía para emprender novos proxectos. En Xerais anunciaremos decontado a aparición da primeira media ducia de novidades literarias, que achegaremos a vindeira semana ás librarías. Como a piques de entrar no prelo están xa algúns títulos da campaña de comezo de primavera, ese mes dos libros e das letras, e o equipo de texto traballa arreo pechando xa os manuais desta nova campaña en Secundaria. E por diante moitos quilómetros por percorrer acompañando aos autores e autoras nas presentacións e, sobre todo, moitas páxinas para ler, debullar e valorar. Seguimos.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir