Onte 1534: Nadal con libros, en Islandia
En Librópatas lin onte unha anotación magnífica de Raquel C. Pico sobre a tradición islandesa de recibir e agasallar un libro por Nadal. Como en boa parte das sociedades europeas de tradición cristiana, en noiteboa os islandeses e islandesas intercambian os agasallos, entre os que nunca faltan os libros, que todos e todas reciben e agasallan, para logo pasar lendo esa noite. Na anotación reparei nun feito que me pareceu moi salientable dentro do jólabókaflóð, a tempada previa de lanzamentos editoriais, a do Bókatíðindi, un catálogo no que aparecen todos libros publicados no ano, que se recibe en todas as casas, supoño que semellante aos de xoguetes e aparellos electrónicos chegados ás nosas. En Islandia os libros son parte das tradicións de Nadal, o que non resulta raro na sociedade (probablemente) máis lectora e con actividade literaria máis intensa das europeas. Admiro un país que é capaz de definirse pola súa literatura e no que cada un dos seus habitantes merca unha media de 8 libros por ano.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir