Onte 1523: Culturgal 2015, xornada de apertura
Onte puxemos a rodar o Culturgal 2015, que completou a súa xornada de apertura coas visitas de escolares e as primeiras actividades nos diversos espazos. No acto institucional de apertura todos os catro intervinientes (Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Anxos Riveiro, concelleira de Cultura de Pontevedra; Román Rodríguez, conselleira de Cultura e eu mesmo) insistimos na importancia da cooperación interinstitucional de tres administracións gobernadas hoxe por tres cores distinitas como na fachenda e orgullo de contar cunha industria cultural como a galega. O protagonismo dos públicos e das empresas e axentes dos diversos sectores neste Culturgal 2015 convida ao optimismo.
Convido a participar hoxe no sábado grande de Culturgal, Xaora, as persoas que non poidan achegarse a Pontevedra poden seguir por streaming en dúas pantallas simultáneas o que acontece nos espazos do Pazo da Cultura. Seguimos.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir