Onte 1483: Horror machista
Cando escribo esta anotación, coa intención de expresar a miña indignacion polo asasinato machista de Pontesampaio, coñezo a noticia doutra vítima en Manresa. Un feminicidio que non cesa, a pesar dos chamamentos desesperados das organizacións feministas. Cinco vítimas en Galicia no que vai de ano, case medio cento en toda España, catro na última semana son cifras que ilustran este horror que non se convertiu, aínda, nun problema de estado nin aparece entre os temas da axenda electoral de decembro. Só a resposta cidadá e educativa abren cadansúa xanela para a esperanza de poder erradicar a longo prazo o virus machista, xerme deste feminicidio. Con todo, é imprescindible activar máis medidas e máis eficaces de protección das vítimas e das denuncias, como exixir aos partidos que asuman parar este feminicidio como unha prioridade política, unha posición orixinal compartida, coma se fixo no seu día co terrorismo de ETA. Non abonda con lamentar os asasinatos de mulleres, cómpre activar na sociedade unha resistencia contra eles.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir