Onte 1464: O xiro social de Feijoo

goberno_galego_05-10-2015Cando queda menos dun ano para as elecccións autonómicas Feijoo revoluciona o seu goberno, aumentando o número de consellarías, sacrificando á responsable de Sanidade e incorporando ao executivo a José Manuel Rey Varela, ao que parece elixiu como novo «delfín». Unha mudanza de goberno que o presidente anuncia tamén de políticas, mesmo abandonando a austeridade da que foi un grande adiantado.

Moi mal deben dar as enquisas que se manexan en Monte Pío para dar semellante volantazo con tintes inequivocamente electoralistas. Con todo, tampouco é difícil reparar no novo Goberno Galego a erosion provocada polas mobilizacións cidadáns contra a xestión privatizada do HAC ou a realizada polo sector leiteiro en defensa de prezos xustos, que deterioraron a imaxe de xestor eficaz do presidente.

Analizando os datos orzamentarios, como fixo onte Praza, o prometido xiro social de Feijoo requiriría mil millóns de euros, só para igualar a cifra de 2009. Despois das tesoiradas introducidas en Sanidade, Educación, Cultura e servizos sociais comunitarios, non vai ser doado  recuperar da noite para a mañá as partidas anteriores. Sendo así, é moi previsible que a revolución social anunciada polo dos Peares quede apenas nunha renovación de chapa e pintura dun goberno cada vez máis afastado das preocupacións da cidadanía e dos problemas estruturais do país.

1 comentario
  1. ramón gallego
    ramón gallego Dice:

    A axeitada proposta non fai mas que poñer de relevo o desleixo co que se levan as cousas do trasporte público. Eu engadiría outro servizo aínda, o sexa 22:30/23:00 e 23:30/0:00 co cal atinxir a todas as persoas, por caso as dos concertos da Sinfónica de Galicia no Pazo da Ópera rematan preto das 23:00 mais ou menos. De todas as maneiras non agardo resulta algunha da proposta ben que xa fóra obxecto da mesma proposta na cidade da Coruña ao respecto do bus urbano, á vista do contrasenso que semella que o día de noiteboa e nas vésperas do aninovo cando as tendas pechan non antes das 22:00/22:30 e máis, o urbano remata as nove. Ben o sabemos que en Galicia camiñase moito, non sempre por lecer.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *