Onte 1451: «B» de Bárcenas
B é a dramatización da declaración literal de Luis Barcenas diante do xuíz Ruf da Audiencia Nacional o 15 de xullo de 2013. Unha adaptación cinematográfica da obra teatral Ruz-Bárcenas de Jordi Casanovas, situada na fronteira entre o documental e a ficción. Película política, con inequívoca vocación de intervención, B desvela o financiamento ilegal do Partido Popular, dende os mecanismos de control da súa caixa B até os sobres en negro que recibían mensualmente os seus dirixentes. A interpretación extraordinaria de Pedro Casablanc no papel do tesoureiro mantén o interese dramático do interrogatorio até chegar a removernos na butaca pola indignación provocada polo relatado. Grazas ao cine podemos saber o que se nos agocha, entender en que consiste a corrupción e como funcionan os seus mecanismos. A distribución tan limitada da película, apenas 16 copias, demostra a incomodidade da película coa que debuta David Ilundain para os actuais responsables do PP.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir