Onte 1442: «Unha segunda oportunidade»
Norte con outra dinamarquesa: Unha segunda oportunidade da Susanne Bier. De novo enfrontámonos a dilemas morais sobre valores básicos como os que arroupan a paternidade e maternidade «desexada» ou a fraxilidade de persoas dunha peza, como Andreas, o policía interpretado de forma moi convicente polo famoso Nicolaj Coster-Waldau, o Jamie Lannister de Xogo de tronos. A solidez dun guión, que utiliza os recursos do thriller policial, mantén o interese dunha historia truculenta de bebés mortos e desaparecidos que me lembrou á abordada por Dolores Redondo na súa triloxía do Baztán. Mágoa do remate, innecesariamente azucrado, co que quizais a directora pretende expresar unha mensaxe de esperanza e resarcir ao espectador despois de case unha hora e media de sufrimento, onde se suceden malleiras, violacións e outras noxentas barbaridades machistas. Poucas veces queda tan claro que as cousas no eido do privado non son sempre como aparentan. Unha película desmitificadora.
Volvimos aos
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir