Onte 1427: Neboeiro
Cando no serán de onte regresamos de Aldán, o neboeiro entrara na ría dende Cíes agochando os piares da ponte de Rande. Unha paisaxe inquedante dende o corredor do Morrazo, semellante a que contemplamos dende o avión minutos antes da aterraxe en Peinador. Porén, as guedellas do neboeiro anunciaban tamén o remate do verán e a recuperación da rotina e dos afáns de comezo de curso, esoutro reloxo que marca a cadencia do noso traballo. A foto é de Marta G. Brea. Obrigado.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir