Onte 1404: «Distintas formas de mirar el agua» de Julio Llamazares
Dezaseis persoas dunha familia xúntanse á beira do encoro de Pomar, no que hai cincuenta anos quedou asolagada a súa casa, para esparexer as cinzas do avó. Cada unha delas, dende a avoa, os fillos e as noras, até a neta máis nova, relata con emoción e respecto a súa experiencia. Cada unha dá conta desas distintas formas de mirar a auga nas que entre o vivido e o lembrado flúe a memoria dunha familia campesiña expulsada de forma violenta dos seus eidos e transplantada a unha chaira no medio da planicie. Outra trama de Julio Llamazares sobre a agonía do mundo campesiño e o desarraigo dos seus habitantes, outra peza sobre a memoria familiar como celme da nosa estirpe e pertenza. A pesar de que a utilización dos monólogos sucesivos no relato pode chegar a ser abusiva, a verdade que deita cada unha das voces como a sutileza dos seus puntos de vista fan desta novela coral unha peza de acumulación conmovedora e intensa. Difícil esquecer a beleza dalgunhas destas páxinas onde as lembranzas transfórmanse en memoria e as perdas fanse líquidas, presentes como pingas de esperanza,
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir