Onte 1365: No Café Badía
Aproveitamos a fresquiña do serán de San Xoán para camiñar até Teis e coñecer o Café Badía de Marcos e Menchu. Encantoume o arranxo do local que convida a compartir acougo e conversa demorada, sexa nos interiores ou na horta ao pé da nespereira. Cando regresamos pola Calzada comentabamos que o Badía sería a sede ideal para ese ateneo que tanto precisamos en Vigo, unha cidade cada vez máis desestruturada e que mesmo comeza a perder o espírito optimista (o da vontade, claro está!) que fixo dela volcán de dinamismos. Quedamos con Calveiro que algo argallaremos para aproveitar espazo tan xeitoso para celebrar a amizade e as artes compartindo algúns dos seus fabulosos cócteles.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir