Onte 1229: 302.500 euros
Botei contas sobre os 302.500 euros que o goberno de Feijóo destinará a subvencionar un vídeo desta canción de Enrique Iglesias. Equivalen á cantidade que a Consellaría de Cultura e Educación dedica durante tres anos a apoiar o programación de tradución en galego, a dous anos de axudas á edición de materiais didácticos na nosa lingua ou a un ano de compras de novidades editoriais en galego para as bibliotecas públicas. Ou á cantidade superior nun 70 % á que se dedica a apoiar a todos os medios en galego ou a dous anos de feiras do libro. En momentos de precariedade para a nosa industria cultural e a nosa lingua, tratar de convencer á cidadanía galega, como pretende Feijoo, de que estes 302.500 euros son un investimento de ganga na promoción turística de Galicia produce estupor e noxo.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir