Onte 1104: Orgullo neofalante
Carme Panero, utilizando aquel Gallego 1 do ILG, abondou para presentarme nun horrible galego hiperenxebrista diante da miña familia e dos meus compañeiros. Daquela pensaban todos que estaba tolo, fixérame galeguista. Xaora, é unha fachenda confesar que son galegofalante por escolla, por unha convicción tatuada na miña fala, que sei nunca abandonarei. Orgullo de neofalante.
Son galegofalante desde os quince anos, cando decidín asumir o galego como a miña primeira lingua. Dende entón loitei día a día para vivir en galego en todos os eidos da miña vida familiar, social e laboral. Sei que fun afortunado por traballar como docente monolingüe de educación infantil e por facelo agora como editor en lingua galega. Non tiven nunca aldea de meu en Galicia nin mamei o galego no berce nin sequera tiven a oportunidade de aprendelo na escola. Un curso en agosto de 1975, impartido por
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir