Onte 1071: Outono literario
Emulando a famosa «Rentrée literaire» francesa, anunciamos onte as primeiras novidades do outono literario de Xerais. Recuperamos así as rotinas da promoción e a ilusión pola aparición nas librarías de novos proxectos, algúns tras moito tempo de de traballo autoral e de edición do noso equipo, como o Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato, coordinado por Xosé Cid Cabido, a novidosa serie «Formig4s» de Pere Tobaruela e Andrés Meixide ou o libro sobre Los Suaves que preparou Javier Domínguez para a serie Extramuros. Anunciamos tamén a prometedora colleita dos Xerais 2014 de Ledicia Costas, María Reimóndez e Eduardo Santiago; o regreso aos andeis das narracións de Suso de Toro, Jorge Llorca, Xabier Quiroga, Carlos Reigosa; así como as novas entregas das series xuvenís de Jaureguizar e Anxo Fariña. E no mes de novembro aparecerán novos títulos de Diego Ameixeiras, Manuel Portas, Carlos Callón, Marilar Aleixandre, Xosé Ramón Pena, Xosé Tomás… As nosa angueiras continúan sendo procurar a excelencia nun catálogo dirixido a públicos diversos e visibilizar as nosas publicacións na libraría e nos diversos espazos de comunicación cultural. Comeza, pois, para nós, a campaña de outono.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir