Onte 1016: «All Is Silence»
A recensión de Eileen Battersby no The Irish Times de All Is Silence (Todo é silencio) testemuña a proxección e o prestixio acadado pola obra de Manuel Rivas en lingua inglesa, ademais da xenerosidade coa que se expresa a crítica irlandesa (como a inglesa), moito menos contida na gabanza e na utilización dos cualificativos ca galega. «Novela marabillosa», «unha novela case irlandesa», «un “tour de force” coas obras narrativas publicadas en calquera lugar e calquera idioma», «posúe unha ollada errante e algunha das mellores liñas da ficción contemporánea» son algunhas das valoracións dunha crítica que gaba tamén o traballo de tradución de Jonathan Dunne e relaciona a novela con outras anteriores de Rivas, The Carpenter’s Pencil (O lapis do carpinteiro) e Books Burn Badly (Os libros arden mal). Para non esquecer. Grande!!!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir