O oficio de editar
Ao fío do anuncio do novo Máster de edición, xa o terceiro, Juan dá conta da experiencia de creación dun marcapáxinas que expresase o concepto dinámico do proceso editorial. Para iso ocorréuselle sobrepoñer con diversas tipografías unha serie de verbos relacionados co de editar. A lista non ten desperdicio:
promocionar, coordinar, planificar, relacionar, discutir, dialogar, crear, revisar, decidir, asesorar, deseñar, dinamizar, suxerir, idear, asumir, escoitar, promover, argumentar, unificar, actualizar, contrastar, sinalizar, aprender, confirmar, maquetar, confiar, arriscar, distribuír, informar, imaxinar, propoñer.
Prezado Manolo:
Alégrame que atoparas suxestiva a listaxe. Non sei se me ficou algún.
Por certo, o marcapáxinas quedou ben pintadiño. Unha aperta.