O manuscrito de Alicia

Anuncioumo Agustín e lino na páxina de Manolo Gago (obrigado) que se podía ver o manuscrito d’ Alicia visitando os fondos dixitalizados da British Library. Ten razón Gago que é un pouco latoso pasar as páxinas deste libro electrónico, mais é unha marabilla poder escoitar o texto en inglés e coñecer a caligrafía de Carroll. A edición do mapa de Mercator de 1570 e os deseños da bitácora de Leonardo son outra gozada. Paga a pena este sitio que demostra as posibilidades da dixitalización dos grandes fondos bibliotecarios. Cando poderemos consultar as nosas grandes pezas da Biblioteca Nacional de Galicia?
4 comentarios
  1. gutenberg
    gutenberg Dice:

    Parabéns polo blog. Eu aínda son novicio. Tamén escribo (metaescribo?) sobre letras e libros. Estou en fragmentosgutenberg.blogspot.com.
    Saúdos.

Los comentarios están desactivados.