O gol de Diego Costa

Diego Costa, o mediopunta brasileiro do Celta é un xogador fantástico, capaz de realizar xogadas de figura e tamén partidos e accións absolutamente decepcionantes. Hoxe en Soria marcou dous goles marabillosos e fixo resucitar a un Celta que criamos morto. O segundo gol, arrincando dende o medio campo e caneando a todos os que se lle puxeron por diante, é memorable, comparable aos míticos de Messi ou Maradona. Se fose capaz e xeneroso de poñer todo o seu talento ao servizo do xogo colectivo, este rapaz podería volver a facernos soñar.

Vídeo da TVG, vía celtacampion.

Etiquetas:
1 comentario
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Maradona? Messi? Para min que este sr. Bragado é do Celta… 🙂 Se case lle poñen unha alfombra ao rapaz! Que conste que o gol é moi bo.

Los comentarios están desactivados.