O dato: 47 €
Ten moita razón Náufrago lamentando o escaso consumo de produtos culturais da poboación galega. Os datos presentados polo Ministerio de Cultura son contundentes: no ano 2004 cada galego gastou en cultura unha media de 160 €, moi lonxe da media estatal de 224 €. Un índice que nos sitúa nos tres últimos lugares entre as Comunidades Autónomas, superando só a Castela-León e Extremadura.
Os editores galegos xa botáramos esta conta no referente ao consumo de libros é o resultado é moi semellante. En 2004 cada galego gastou en libros unha media de 47 € (inclúense os libros de texto con só dous cursos de préstamo), mentres que a media española foi de 65 €; cifras que volven a colocar a Galicia entre as tres comunidades que menos gastan en libros por habitante. Outro dato a ter moi en conta é que o total das vendas de libros (a prezo de libraría) supuxo en Galicia 144 millóns de euros, un 5% das totais do Estado, cifra moi inferior á da nosa poboación (6,6%) ou a porcentaxe da achega do noso PIB (5,8%) ao do Estado. Se a estes 144 millóns lle quitamos os 40 que se gastan en libros de texto, quedamos cunha facturación de pouco máis de 100 millóns de euros para todo o mercado do libro non escolar. Noutras palabras, os galegos gastamos moitos menos en libros do que nos correspondería por poboación e por capacidade adquisitiva.
Dificilmente poderemos desenvolver un sector de edición competitivo e unha rede de librarías de cultura tupida e de calidade en Galicia cun mercado interior do libro tan perezoso (a pesar de contar con lingua propia) e raquítico. Ampliar este mercado, a base de lectores e lectoras, semella a prioridade da nosa política cultural. Sen apostar por cocer máis pan da cultura, o demais será seguir botando foguetes para a galería. Ou non?
Dificilmente poderemos desenvolver un sector de edición competitivo e unha rede de librarías de cultura tupida e de calidade en Galicia cun mercado interior do libro tan perezoso (a pesar de contar con lingua propia) e raquítico. Ampliar este mercado, a base de lectores e lectoras, semella a prioridade da nosa política cultural. Sen apostar por cocer máis pan da cultura, o demais será seguir botando foguetes para a galería. Ou non?
Pois si, tes toda a razón, absolutamente toda.
Aínda que tamén hai que preguntarse polo atractivo das obras publicadas en galego. Non o sei, pero quizais haxa que primar máis a calidade que a cantidade nas publicacións galegas. Pero en serio.
Confiemos e esperemos que as cousas vayan cambiando pouco a pouco…
Bicos.
O primeiro comentarista deste post suxire que quizais é un problema de falla de calidade das obras… non, para nada. Como moi ben se dixo no meu blog no debate, intensísimo, sobre isto, ¿por que hai xente galega, que sabe ler en galego, que entende o galego, pero espera a que saia o libro de Manuel Rivas traducido ao castelán para o mercar?, ¿daquela é que ten máis calidade en castelán? Sen dúbida, temos un problema grave. Levamos milleiros de anos e centos de exerxías gastadas en tirar nunha determinada dirección e, definitivamente, o País pasa de todo.
Vou conta-lo o que me pasou a min. Eu vivo fóra e cada certo tempo vou a Galiza e intento comprar algúns libros en galego. Eu non estou ó tanto do que se publica e pido consello, pois ben, ninguén da librería supo que aconsellarme, non leera ningún libro en galego (é tan cansado, díxome). Escollín casi a eito, pero estou contento, gustoume.
Si, outro dos problemas é o baixísimo nivel da maioría dos nosos libreiros, que venden libros o mesmo que podían vender zapatos.
Xente así, como poderán asesorar ou recomendar libros galegos?
Como moito recomendan os bodrios de César Vidal ou Pío Moa… “como son los que más venden”.
naúfrago, com todo respeito e inda que me acusem de galego… há de todo.
Cámbio 20 infumáveis “A cidade dos cesares” por um “Baixo minimos” ou um “Cuarteto con piano” já que estamos pertinho de Xerais.
Eu podo dizer que 50 euros em cultura gasto, mas ao mes. Claro, nom todo é para a industria* da cultura galega.
Quando a narrativa de Xerais em Amazon? Gosto da cultura a domicilio, mais quando em Folhas Novas de Compostela, por ponher um exemplo, pides um livro e tardam semanas e semanas em trae-lo (e isso se o dam traido).
Desculpe anfitriom a alussom pessoal (ou laboral) mas acho que em geral a ediçom galega na rede é um pouquinho “altmödisch”. Estaria bem que Xerais tuvera loja online ou como fai esfera libros as primeiras páginas dos livros. Nom o tome a mal, é com boa intençom.
* nunca gostei de “industria” e “cultura” na mesma frase