O coloquio de Lisboa
O coloquio sobre ler e escribir en galego no que participamos tivo grande altura. Iniciaba o programa de Galiza em Liboa, unha completa semana de actividades culturais, organizada con motivo do Día das Letras Galegas polo Instituto Cervantes de Lisboa, o Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova e a Cátedra de Estudos Galegos da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Asistiron preto de medio centenar de persoas moi interesadas por coñecer noticias directas sobre o estado da nosa literatura.
O poeta Xavier Seoane fixo un percorrido pola historia da poesía galega, dende o explendor medieval a última xeración poética dos noventa, deténdose, especialmente na presentación das liñas de renovación poética dos últimos vinte e cinco anos. O narrador Anxo Rei Ballesteros centrou a súa intervención na literariedade en Galicia, analizando as relacións entre literatura e nación durante os dous últimos séculos, salientando que hoxe en día se está producindo unha maior autonomía da literariedade fronte aos factores que condicionaron á literatura galega. O poeta e narrador Luís Rei Núñez leu un texto magnífico sobre as posibilidades de profesionalización e as razóns dos escritores en galego, sinalando o carácter artesán do oficio literario e o valor curativo das palabras. Por último, eu fixen un percorrido polo estado da edición en galego nos últimos vinte e cinco anos e as razóns do crecemento da industria editorial durante este periodo.
As preguntas do público interesáronse sobre os niveis de lectura da poboación galega, o uso da lingua galega por parte da mocidade e as opinións dalgúns poetas galegos sobre a figura de Fernando Pessoa.

Etiquetas: 17-maio, Lisboa, literatura, Galicia
Supoño que o público asistense sería, na súa maioría, portugués. Interesaríame saber, se é posíbel discernilo deste encontro, o estado de coñecemento da literatura galega por ese público portugués. Por exemplo, a pregunta sobre Pessoa, referíase en concreto a Ferrín, crítico co autor portugués?
Si, a referencia pola que preguntaron é a que sinalas. O público era maioritariamente portugués e bastante ben informado (na medida que estaba vencellado ás cátedras de galego das universidades lisboetas).