Novos orixinais
Nestes últimos días de verán adoitan entrar moitos orixinais. Sobre a mesa teño moi interesantes cousas para ler, que publicaremos nos vindeiros meses: dous libros de relatos para Fóra de Xogo (Sucos de bágoas e Cartas de amor), unha novela (Pecados manuais, premio concelle de Melide 2005) e un libro de narracións (Palabras contadas). A tempada literaria comeza.
Etiquetas: Xerais
pecados manuais? iso non é de xosé de cora? e non ten xa uns cantos aniños?
Efectivamente, como tantas outras veces, a miña memoria próxima fallou. O título correcto é “Pecados capitais”. Desculpas polo erro.