Nova Escola Galega, vinte e cinco aniversario
Hoxe participaremos no vinte e cinco aniversario de Nova Escola Galega, o movemento de renovación pedagóxica no que levamos participando dende a súa fundación. Un día para reatoparse cos vellos amigos do corazón.
Por o k vexo unha asociacion moi “financiada” por a xunta.Tamen podian financiarme amin algo
A.Coruñes
A.Coruñes:
Se ten un proxecto a décima parte de interesante que a N.E.G. de seguro que algo caerá se peta na porta axeitada. O que este proxecto leva, para un labor moito máis útil e fundamental para a nosa sociedade, sempre é moito menos que o que a Xunta destina a prensa propagandística, infraestructuras que non van a ningures, tapar buratos de bancos, etc. ¿non lle parece?
A.Ourensán
A.ourensan:
Levará vostede razon, será moi util.Eu non teño proxectos,non teño moitas portas donde petar, eu so son un simple obreiro k intenta chegar a fin de mes. Un saudo
A.coruñes
A. coruñés: NEG leva vinte e cinco anos sendo unha asociación de profesores e profesoras absolutamente independente do poder político. Bastantes disgustos nos custou facelo. Falar de de que somos “financiados” pola Xunta, xúrolle que, no noso caso é unha brincadeira. Prégolle que se informe sobre o noso funcionamento e o noso proxecto.
Estimado D. Manuel, con k vostede o diga , bastame. Un saudo e noraboa por o seu Celtiña
A.Coruñes