Narracións abertas
Ao fío do anuncio da aparición de Blúmsdei, que suscita os primeiros comentarios, aconsello o magnífico post de Nómada sobre as narracións abertas. Este é un dos debates máis interesantes no futuro da nosa narrativa.
Etiquetas: Narrativa
Sr. Brétemas: primeiramente quixera saudalo cordialmente, pois é a primeira vez que teño a honra de escribir no seu blog. En segundo lugar, que estou dacordo en que este tema é fundamental para a nosa literatura, pois o é para toda a narrativa occidental, diría eu. É dicir, para aquela que teña saído dos esquemas tradicionais que se apoiaban na intención de ensinar deleitando. Agora só divirten, e a cuestión é como a moda muda na forma de facelo. E en terceiro lugar, que o artigo de Juan Freire me parece pouco acertado, e desde logo o de Xavier Bru de Sala, no que se apoia, un verdadeiro despropósito. Isto, que en lugar mais adecuado logrei postear máis amplamente, quería eu comentar, non sen antes felicitalo polo seu blog.