Morte da lectura profunda
Vía Tokland chego a esta interesante anotación de David de Ugarte sobre a morte da lectura profunda, sintagma que faría referencia referencia ao tipo de lectura que acotío facemos sobre as pantallas: rápida, zapeada, transversal… Ugarte, citando un artigo de Nicholas Carr, considera que “leemos más que nunca, pero no nos abstraemos en un texto como antes durante horas. Ahora saltamos de un lado a otro, leyendo en diagonal, extrayendo datos de aquí y de allí, sin volver nunca a una fuente ya visitada. […] “El lado malo es que la lectura profunda es en realidad indistinguible del pensamiento profundo… y perdiendo una estaríamos perdiendo al otro. La perspectiva según el autor, es la de un tipo de pensamiento muy relacionado, muy comprehensivo… pero que no establecería relaciones íntimas entre temas dispares. En una palabra, sería menos profundo y por tanto menos innovador y creativo. Nuestra inteligencia se parece cada vez menos a lo que considerábamos inteligencia y cada vez más a la inteligencia artificial y a los sistemas expertos.”
Tanto o texto de Carr como a anotación de Ugarte fan referencia ao fenómeno da literacidade electrónica, esa lectura sobre pantallas que require unha nova formación para o lector e unha actitude, se cabe, máis crítica e cautelosa que sobre os textos impresos. Se a lectura sobre pantallas nos leva, inexorablemente, cara á superficialidade e cara un pensamento feble, si que estariamos perdidos. Quizais o contrapunto reside nestoutra anotación de Tiscar, recuperando conceptos esenciais de Paulo Freire, o pedagogo brasileiro que acuñou o concepto de literacidade (a lectura é unha práctica social dun tempo e sociedade concretos).
Vaia empanada meu…
O pensamento feble imponse socialmente dende o mercado que precisa rapidez e cambio constante de mercadorias.
A lectura profunda a penas sí existiu nalgúns ‘malos’ lectores que precisan tempo para asimilar o que len… cando chegaron os tempos dos locutores televisivos REMATOU calquera pensamento…
Non hai tanta novidade no que citas…
Pero seguimos a postear obviedades coma se foran novidades… seguimos a facer o xogo ó pensamento feble… porque é o único pensamento que SOPORTAMOS!
Un saúdo
Dous apuntes:
1.- Eu leo menos profundo ca antes, en parte porque non me dou centrado en dúas horas de lectura repartidas en anacos de 20min. Iso si que entendo que é o ritmo de vida que levo/levamos hoxe en día. Pero penso que aumentei a capacidade de ramificación do meu pensamento. Non que me disperse cando penso, senon que atopo varias liñas que me levan ao mesmo pensamento, e varias saídas. E iso non o cambio por nada, porque en realidade sírveme para comprender moitas máis cousas. Eu non estou dacordo con que sexa tan malo pararse só a ler profundo. Hai outras formas de chegar ao mesmo punto: experiencias, conversas, estudos, etc.
2.- Anónimo (que pouquiño me gustan os anónimos…): todo é evidente, todo é obvio, todo está pensado, todo está dito. Pero ó longo da nosa vida imos descubrindo todo. Ti terás pensado moito sobre o pensamento feble, ó mellor eu tamén. Ó mellor o sr. Brétemas está a retomar ese pensamento grazas a estes artigos. Recordar o que sabemos non é malo. A ver ata onde nos leva, cando a vida nos dea actitudes novas. Non te agobies, meu, hai moitas máis cousas que hai que soportar. Neste tema, nós só acompañamos.
Un saúdo para os dous!!
Trátase de mais unha versión da coñecida fobia de Sartori polos media e a superficial lectura propiciada pola lectura, digamos visual, que fornecen.Atrofia do visibel fronte ao fondo (non visibel) que asociada á cultura escrita da palabra. Paradoxos.Deleuze animaba a practicar o surf.
“Trátase de mais unha versión da coñecida…” Gran estilista. Definese o escritor moito máis que aquilo ó que quere definir. Debera estudiarse. E se é o mesmo anónimo que o primeiro, nin comentario merecería porque é de supoñer que xa o sabe todo.
Como neno que son en cuestións de coñecementos, señor Brétemas, agradezo moito o post (eu tampouco pensara nisto con estas palabras e estas refeerencias documentais) e tamén os comentarios do anónimo para aprender a comportarme doutro xeito, algo máis libre comigo e cos demáis.