Morreu o libro electrónico?
Interesantísima esta anotación de Joaquín Rodríguez sobre as dificultades de viabilidade do libro electrónico. Semella cada vez máis certo que fóra dun debate entre apocalípticos e integrados, son reais as dificultades para atopar un lector electrónico portable máis amigable que os actuais libros analóxicos. Isto non quere dicir, porén, que o proceso de dixitalización de determinados contidos sexa tan irreversible como necesario. Vexo cada vez máis claro que o futuro dunha edición viable e racional (que poña couto á inflacción editorial e ao mesmo tempo permita unha edición cultural de calidade) pode vir da edición dixital baixo demanda. Aí quizais estea un dos futuros do libro neste período de coexistencia de formatos e soportes.
Dubido que moitos outros editores estean de acordo con vostede… A rendabilidade da investigación neste eido pode ser cuestionable, non só por temas de portabilidade… senón por coidarmos os ollos 🙂
Apertas blogueiras,
Beluka
Boas! Son Ismael de Santiago DC, pero podesme chamar ctz, so lle digo a verdade a min gustaríame que se siga adiante con esto do libro electrónico. Se o implantaran nos colexios, eu penso, que pode ser unha maneira de fomentala lectura entre os xóvenes (nos que me incluio, non me gusta ler moito que se diga). Boeno, ata outra. Ah! dalle unha visual se che apetece a meu blog
diariodungalego.blogspot.com
Abur
$$$>>”CtZ”<<$$$