Manifesto de apoio a Rafael Ojea
Por correo electrónico informanme que onte se remitiu o Manifesto de apoio a Rafael Ojea e Listado de Asinantes á alcaldesa de Vigo (a través do rexistro xeral do Concello) e á prensa. En total somos 100 asinantes do manifesto que está colgado neste blog, no que nos vindeiros días se irán publicando as noticias de prensa e outras informacións de interese sobre a cuestión.
Non sabía nada de todo isto. Vaia desde aquí o meu apoio incondicional ao vello amigo e compañeiro de directiva da A.C. O Eixo de Compostela, tantos anos entregado á loita cultural por este país. Unha aperta,
Marcos Valcárcel.
Benquerido Marcos ,non estaría de mais que preguntaras polo papel do BNG e de XABIER TOBA no cese do noso común amigo Rafa. Bicos.
Daniel Bernárdez Cancelas
En calisqueira outra administración publica que non fora o concello de Vigo,sería impensabel o silencio dos sindicatos neste cese.¿ e o comité de empresa?.Alguén debería explicar a relacion dos sindicatos e o poder municipal,chámese SOTO,PEREZ,PRINCIPE,LOIS,PORRO….