Manifestación polo traslado de Reganosa

Hoxe fun con Agustín Fernández Paz a Ferrol para participar na manifestación, convocada polo Comité Cidadadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, co obxectivo de reclamar o traslado de Reganosa fóra da ría e a posta en liberdade de Bastida, o patrón da confraría de pescadores de Ferrol. A protesta (moi numerosa, catro mil persoas é unha cifra importante) serviu para romper definitivamente o muro de silencio sobre este conflito (non esquezamos, aberto desde hai case unha década). A presenza de Beiras e Camilo Nogueira entre os manifestantes foi moi significativa, xa que expresa que afortunadamente dentro do BNG hai voces que non se conforman con lamentar estoutra herdanza dos gobernos de Manuel Fraga. Ben sabemos que solucionar agora o problema de Reganosa é moi difícil, mais tamén é innegable que existen razóns xurídicas abondas para non autorizar a súa posta en funcionamento, como sinalou de forma moi clarificadora o comunicado lido ao remate do acto. É imprescindible que os membros do Goberno Galego non agachen a súa responsabilidade (ten a obriga de aprobar o plan de seguridade e emerxencia da instalación) sobre cuestión tan decisiva para asegurar o futuro sostible da Ría de Ferrol e a seguridade dos habitantes da comarca toda de Ferrolterra. Volveremos sobre o tema.
Etiquetas: Reganosa
7 comentarios
  1. Mario
    Mario Dice:

    Son cousas como as que se están a ver estes días as que me dan o orgullo de ser desa terra, que por máis machacada non se resiste a renderse. Reganosa fóra!!!

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Tarde piaches, paxariño!
    Onde estaban os manifestantes todos cando se iniciou o conflicto e os afectados directamente pola instalación, moitas e moitos veciños de Mugardos (non todas e todos) pedían que non se levara a cabo aquela monstrosidade? O BNG de Mugardos, por dicir, ou o PSde G, por seguir dicindo, que postura adoptaron tralos primeiros momentos? Agora pensa alguén que vai quedar todo eso abandonado ou que o van derrubar, unha inversión multimillonaria cun feixe de accionistas de ‘gran ccalado’ detrás? Alguén se opuxo ó porto exterior da boca da ría? Necesítanse dous megaportos pegados por causa de localismos baratos e políticos de pobres mentalidades? Lástima de ría, lástima de actividade marisqueira, r.i.p.
    Que deixen en liberdade a ese home, si, que o deixen libre, que non creen mártires a estas alturas da guerra. Non ten sentido agora tanto balbordo. Plans de seguridade si, por suposto, é o mínimo que se ten que esixir, pero todo o demais chega a destempo.
    En fin, tarde piaches, paxariño!

  3. Calidonia
    Calidonia Dice:

    Prezado anónimo:

    Ti debes de ser deses que ten edificado 3 alturas máis das permitidas pero agora que xa están feitas mellor deixalo estar, verdade?

    Como lles proe a algúns…

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Estamos diante dun conflito estrano, raro e anacrónico. Por qué agora? Tres día despois de que o BNG se escaralase nas municipais?

  5. Calidonia
    Calidonia Dice:

    Non é agora. O conflito leva latendo desde 1999, dentro e fóra do BNG tamén. Se te enteras agora quizá debas preguntarte ti o por qué do silenciamento, e non pensar que apareceu agora.

  6. Fulano
    Fulano Dice:

    Claro a xente debe pensar que de agora o asunto… mamaiña!!…claro que hai xente que apuntouse debido a baixada das municipais pero como di calidonia dende o 99 levase protestando e o silencio parece que esta marchando..aver se e verdade

    Reganosa Fora
    Bastida Liberdade
    !!

Los comentarios están desactivados.