Luns sen clase por temporal
Mañá, luns 9 de febreiro, suspéndense as clases de todo o ensino non universitario e das galescolas. Neste novo temporal funcionou a coordinación entre os dous polos do goberno, ao tempo que esta información (máis completa que noutras ocasións) está fluíndo pola rede e chegando ás comunidades educativas a grande velocidade.
Con carácter xeral a Dirección Xeral de Protección Civil aconsella a toda a poboación adoptar medidas de autoprotección fronte a «chegada dun fenómeno de meteoroloxía adversa a nvel de alerta laranxa por vento en terra» mañá luns. «Segundo as informacións recibidas da Axencia Estatal de Meteoroloxía, prevense refachos de compoñente sudoeste de máis de 100 quilómetros á hora. Así, recoméndase evitar os desprazamentos, retirar obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras e tellados e afastarse de edificios en ruína ou construción, árbores e paneis publicitarios.» Engadido que se agardan «precipitacións que poderán acumular ata 40 litros por metros cadrado en 12 horas, o que se corresponde cun nivel de alerta amarelo. Este fenómeno meteorolóxico adverso afectará, especialmente, á provincia de Pontevedra desde as primeiras horas de mañá e ata a madrugada do martes.» Pois, iso, a ter coidadiño. Aí ven outra galerna…
Ensino NON universitario. Dígoo por se alguén lle le esto, amigo Brétemas. Despois pode retirar este comentario.
Claro, meu, NON UNIVERSITARIO. Vós teredes que facer fronte a galerna. Levo un día moi desconcentrado. Grazas. Apretas de Manolo