Los girasoles ciegos
A providencia laica deparoume a sorpresa de atopar casualmente nun quiosco do aeroporto este libro marabilloso, do que só tiña vaga noticia por obter o Premio da Crítica española 2004. Catro historias de vencidos, catro narracións cosidas co fío invisible e purificante da memoria. Das catro derrotas, a terceira, a do idioma dos mortos, é tan estarrecedora que pasar cada páxina require volver coller o alento. Un texto deses poucos imprescindibles e imperecedoiros. Recoméndoo vivamente.
Efectivamente… a terceira quita o alento ainda que a min o segundo relato deixoume… sen respiración. Agradecido por a recomendacion