Limpeza de sangue: primeira crítica na rede

Xa advertimos hai máis dun mes do interese de Limpeza de sangue o premio Álvaro Cunqueiro 2005 de textos teatrais. Hoxe, cun pouco de retraso, coñecín a primeira crítica na rede. Inma López Silva valóraa moito, moito. Transcribo o parágrafo de remate da gabanciosa crítica:

“Non quero deixar de lembrar que Limpeza de sangue vai dedicada, entre outras persoas, a Roberto Vidal Bolaño. Sen dúbida, Roberto semella mestre en moitos aspectos desta obra, fundamentalmente na literariedade das acoutacións e na estrutura secuencial, pero tamén é verdade que Ruibal ten luz propia e amósase orixinal nun texto dramático cuxa gran virtude é saber oscilar entre a literatura, o teatro e mesmo o cine. Pode que sexa herdeiro teatral de Vidal Bolaño, pero Rubén Ruibal ten xa entidade propia no panorama teatral galego, ben acreditada a través de Limpeza de sangue. E seguro que Roberto se aledaría de que o baleiro que nos deixou no nivel creativo comece a ser menos espazoso.”

Parabéns, Rubén. Un moi bo comezo ( e decontado en Libro aberto).

Etiquetas:
3 comentarios
  1. Ana Bande
    Ana Bande Dice:

    Aqui está todo, amor, vida, enfermidade, amizade, corrupción, decepcións, droga…e por baixo a voz do autor imprimíndo vida a un texto que xa nos tarda ver representado. Un bo traballo que nos manterá atentos á producción de Rubén Ruibal que aínde ten moitísimo que dicir.

Los comentarios están desactivados.