Libros con publicidade
Juan propón o debate sobre a posibilidade de insertar reclamos publicitarios nos libros. Existen experiencias xaponesas nas que se emprega unha sobrecuberta desbotable para incluír o apoio publicitario.
Se partimos de que o importante é a lectura (a actividade que define o libro e a edición) está posibilidade non me parece desprezable, sempre que este apoio publicitario redunde no prezo (que debe continuar sendo fixo) a pagar polo lector. Sabemos que cando compramos un xornal ou unha revista impresos ou as lemos na rede, os ingresos publicitarios son os que permiten a viabilidade dos seus editores. Existe algunha razón para que non suceda así co libro? Algunhas experiencias de esponsorización de libros por parte de entidades privadas son xa as que están permitindo a publicación de determinados títulos. Tirar por ese fío, creo que pode ser unha das alternativas para o futuro da lectura (e máis nun país e nunha lingua como a nosa cun reducido número de lectores).
A idea de que o prezo do libro sempre ten que ser fixo de ónde procede? Qué se pretende con iso? Son lícitas as ofertas, as oportunidades, as feiras de libro antigo onde se venden libros de peto do ano anterior a prezos moi baixos? Coma lector, sempre me fago estas preguntas, por suposto sin acadar explicación. Pódese seguir pagando caseque 25 euros por novidades?
O da publicidade parece ben, incluso polo medio do libro. As revistas, mesmo as de pensamento ou de reflexión literaria, levano; por qué non os libros?
Desde que o suporte passou a ter a clara função de comunicação – por vezes contrária ao conteúdo do livro – que se pode analisar o «espaço físico» como objecto de múltiplos propósitos.
Não foi sempre a função de um cólofon o de publicitar o produtor?
O uso de publicidade nos intervalos televisivos ou de cinema, assim como nas revistas já habituaram o leitor a lidar com a publicidade.
Recordo-me que nos anos 40 e 50 o uso de publicidade em livros era bastante comum e até abusiva, pelo que devemos pensar os motivos que levaram à sua saída das páginas impressas.
Eu son un lector de libros que ten moi pouco afán coleccionista; mesmo son quen de regalalos ou doalos a bibliotecas sen sufrir demasiado. Nese senso, calquera iniciativa que sirva para abaratar o seu custo, paréceme magnífica. Admito a publicidade nas capas, polo medio, ou onde for preciso.
Ao revés que Martin Pawley, recoñezo o meu fetichismo cos libros, aínda así non vexo por que a literatura vai ser un terreo virxe e ermo para a publicidade. Tamén é certo que cando penso que non me importaría publicidade nos libros penso en volumes de letra corrida onde case se agradecería algo de cor polo medio. Un dos problemas da publicidade atoparíao naquelas moitas obras que son máis ca páxinas de letras seguidas, como integrar ilustracións e publicidade, por exemplo, semella cousa difícil. En canto o libro é produto elaborado, en canto gana en calidade, ofrece máis resitencia á introdución nel de mensaxes publicitarias. A priori desde logo creo que é algo que favorecería o mercado e non necesariamente tería que ser prexudicial.