Ler novelas aumenta as habilidades sociais
Segundo un estudo realizado por un grupo de psicólogos canadianos ler novelas aumenta as habilidades sociais. Segundo este traballo empírico os lectores e lectoras de novelas adquiren novas habilidades sociais e melloran, grazas á lectura, ás que xa posúen. Como sinalan no blog ediciona, sexa certo ou non, sempre é bo contar con outro argumento a prol da lectura.
A verdade é que o resultado deste estudo non me sorprende nada. Un saúdo.
Mentres non haxa un estudo que demostre que ler mellora as relacións sexuais, iso non ha incidir na porcentaxe de lectores nesta sociedade. 😀