Len os políticos?
Náufrago propón un debate entre os tres candidatos sobre literatura. Confesa que é unha fantasía electoral. Eu entendo que é unha proposta tan oportuna como necesaria. Se o actual presidente e Touriño accedesen a celebralo (Quin, afortunadamente é o único que comparece), sería unha proposta moi clarificadora sobre quen é quen.
Teño o convencemento de que os políticos que non leron na súa vida un cento de novelas (canto menos cinco por ano, a media dun lector avezado) e medio cento de poemarios dos imprescindibles dificilmente van ser capaces de ofrecer e comunicar con verosimilitude un imaxinario ilusionante aos seus electores (diso trata a política, de propoñer esperanza e consolo, moito máis ca de xestionar un orzamento).
Neste campaña non se fala apenas de cultura nin de libros (a non ser para prometer a gratuidade dos de texto) nin, sequera, se enuncian promesas de caixón como aumentar a dotación bibliotecaria pública por habitante (estamos moi por baixo da media recomendada pola UNESCO) ou investir un euro anual por habitante na promoción da lectura.
Creo que non se fai, por que, con honrosas excepcións, a maioría abrumadora dos candidatos e candidatas len moi pouco ou, sinxelamente, nunca o fan (cal será a última novela galega que leron Méndez ou Alberto?). A cultura en Galicia continúa sendo para a maior parte dos políticos un adorno de culturetas nacionalistas, cando, non é novidade ningunha, que na actual sociedade da información está chamada a converterse nun sector económico estratéxico.
Gostaría coñecer cal é o programa dos tres candidatos sobre a industria cultural e a sociedade da información en Galicia (refírome ao que din nos mitins, non ao que escribiron os especialistas do ramo nos tochos). Sería moi clarificador sobre cal é a súa aposta auténtica polo futuro.

Lembro ter visto a Paco Vázquez hai cousa de doce ou quince anos nunha entrevista de televisión, falando en galego e presumindo de posuír unha biblioteca de catro mil volumes na nosa lingua. Eu mesmo escoiteille dicir ao vivo que gostaba da poesía de Ramón Cabanillas. Entre o que se di e o que se fai -mesmo entre o que se di e o que se pensa- hai sempre unha boa distancia, así que un debate sobre literatura entre os tres mega-líderes non había de ser necesariamente moi clarificador…
Estou dacordo, os gostos literarios non teñen pro que definir a unha persona. Moitos dos meus coñecidos pensan que so leo borralla, e eu penso o mesmo deles, o cal non impide que tomemos unhas birras xuntos.Como exemplo abraiante o de Sir Paco que di Martin.
Outra cousa sería que debatesen sobre política cultural.
Engado ademáis que se descobro que a Momia e eu coincidimos no noso libro de cabeceira un calafrío me perocorrería o corpo pero dende logo xamais o votaría.