Lectura no Reino Unido
Recomendo moi vivamente a lectura desta anotación de Joaquín Rodríguez sobre o compromiso dos autores e medios de comunicación británicos co fomento da lectura. 500 escritores e intelectuais dirixíronse ao primeiro ministro para solicitarlle, diante dos resultados en comprensión lectora dos estudantes británicos en PISA, que se dedique o próximo ano á lectura. A mesma preocupación comparte Channel 4, unha das emisoras de televisión de maior audiencia, que decidiu emitir en horario de prime time un programa de fomento da lectura. Aquí en España e en Galicia, despois dun pequeno rebumbio, a pesar de ocupar o posto número trinta no desenvolvemento desta competencia (Gran Bretaña ocupa o décimo noveno), o fomento da lectura semella non preocupar tanto.
Etiquetas: Lectura
http://anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=1648