«La Nueva España» e o galego
O xornal La Nueva España de Oviedo publicou esta reportaxe sobre a definición que da palabra «galego» aparece no Dicionario Xerais da Lingua. Para o redactor do texto os editores deste dicionario enleámola xa que «en el libro de Xerais, usado en las escuelas, se define el gallego como la lengua que se habla, además de en Galicia, en el occidente de Asturias, León y Zamora» [sic]. Non é a nosa intención participar de maneira ningunha nesta falsa polémica. Teño moi claro que os nosos dicionaristas definen a nosa lingua de forma moi precisa, atendendo aos estudos sociolingüísticos máis actualizados sobre a cuestión. A que obedece a volta desta vella polémica en Asturias sobre o galego?
A negar a existencia do galego alén do Padornelo ou Ribadeo e conferirlle unhas fronteiras que realmente non son tal.
Pero valjáme la virjem do Carme, estes señores del castellanito y otros, dedicanse a poner fronteras a las lenguas.
Pues les lluste o no les lluste o galego falase noutras zonas próximas as provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
Capiscan.
Si el gallego que goberno más de cuarenta años les daba outra medallita, para la colección.
Adeu
Home, a que vai ser? Nin que nunca estiveras con xornalistas! Cando non hai tema, sempre hai recheos… En Certo o noso recheo preferido é falar, aínda que sexa ben, das infraestruturas.
Non hai que darlle máis importancia da que poda ter a teima dun xornalista (de Castropol, ademáis) inculto (hai que analizar simplemente a torpeza redactora). En Asturies non existe ningún problema co galego nin por suposto con Galicia. En todo caso, habería que falar cos do Faro de Vigo que manteñen unha relación moi pero que moi estreita con La Nueva España para que evitaran ese tipo de reportaxes propio de hooligans (aos comentarios non hai que facerlles nin caso) que desgraciadamente en todos sitios florecen.
A teima de LNE co galego asturiano non se pode describir con palabras. Outra xoia do mesmo xornal aparecida pouco despois das eleccións: http://www.lne.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031200_41_734706__OCCIDENTE-vecinos-Occidente-confian-cambio-Xunta-frene-expansion-gallego . Verdadeiramente, ou tan pouco nivel xornalístico teñen que confunden sistematicamente fronteira administrativa con fronteira linguística, ou o que intentan é crear malestar entre a xente e divisións artificiais.