Jalisia



Xurxo Lobato, Galicia canibal, Chantada 1995

Onte domingo convidáronos á Domus para que intervísemos no acto de aniversario dos Sumilleres. Unha cerimonia entrañable, na que se entregaron as placas dos viños distinguidos do 2004 e na que se recoñeceu como o mellor labor xornalístico do pasado ano na promoción do viño galego o realizado polo fotógrafo de Monelos. O acto protocolario ben, o xantar mellor (o porquiño caramelizado e o follado de plátano, soberbios).
O traballo de Lobato, a pesar de ser moi coñecido, está pouco estudado entre nós. A súa Jalisia, a súa Galicia caníbal (quizais as súas series máis persoais e queridas) expresan unha Galicia de ficción, a cabalo da tatuaxe dun tempo histórico, que morre, e dun futuro de plástico e pvc. que emerxe. A súa mirada sobre esa encrucillada dun tempo mestizo produce unhas instantáneas sorprendentes, chamadas a converterse en testemuñas da aceleración histórica que vivimos na Galicia de entre séculos. Paga a pena visitar o libro que lle dedica PhotoBolsillo na Biblioteca de Fotógrafos Españoles (editado por La Fábrica). Por certo, esta magnífica colección merecería ser emulada en Galicia (a relación calidade/prezo é excelente, sen dúbida grazas á esponsorización de Caja Madrid).
Proxectos para o novo ano
Hoxe longa reunión de case dez horas coa totalidade do equipo de edición e promoción. Repasamos as vendas do pasado ano de todas as coleccións e debatemos sobre os novos proxectos. Como sempre sucede nestas ocasións, enfrontarse coa realidade dalgúns fracasos doe, e soñar os novos libros, entusiasma. Estou contento. Creo que saimos mellor ca entramos. Comeza de novo a vertixe.
Os culturetas nacionalistas
Comentamos o artigo da pobriña Luisa. Mágoa que o xornal que lle paga non lle abra un blo cos seus pareceres. Tería visitas abondo.

6 comentarios
  1. María
    María Dice:

    Que o abra ela se quere, non?

    Ademais para qué, cando o devandito xornal xa lle ten un blo aberto, pagado como ti ben dis e con moitísimas máis visitas que todo o blogmillo xunto. Vale que co parapeto de non poderlle comentar en directo, mais para algo están as cartas ao director. Polo demais, aínda que o do blo soa máis moderno, non sería moi distinto do que xa fai.

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    O artigo publicouse no suplemento Culturas de “La Voz de Galicia” do pasado sábado, 29 de xaneiro. Estes textos non se poden ler na web do xornal.

  3. Lolo
    Lolo Dice:

    A esta “escritorcilla”, practicante convencida do bilingüismo resultón, alguén tería que advertila, entre outras cousas, de que o termo “chupóctero”, que emprega no título e en cinco ou seis ocasións máis no corpo do texto, non existe nin en galego nin en castelán, linguas que se supón debería dominar tendo en conta aquilo o que se dedica.

  4. Iza Roberto
    Iza Roberto Dice:

    Dear administrator:

    Some of our comments above may include links that are no longer valid or that do not have a nofollow value. They might very well lead you today to a third party. Therefore,
    I ask you, if you would be so kind, to please delete or disregard those
    comments.

    Many thanks and best wishes,

    Iza, Roberto Iza

    Muy Señores Míos:

    Algunos de nuestros comentarios incluyen vínculos rotos que bien pudieran llevar hoy a una tercera persona. Por tanto, le rogamos, por favor, que los deseche o desestime.

    Gracias y recuerdos

    Iza, Roberto Iza

Los comentarios están desactivados.