Inhibición electoral
Entre tantas análises sobre os resultados electorais paga a pena reparar no alto nivel de abstención que se produciu en Galicia (un 37,03%, case catro puntos máis ca nas anteriores), unha cifra que supón que case un millón de electores galegos que tiñan dereito ao voto decidiron quedar na casa. Porcentaxe que é aínda superior na maioría das nosas cidades como Vigo (case un 40%, o que supón 98.000 electores), Pontevedra (tamén case un 40%, 29.000 electores), Santiago (43%, 36.000 electores), Ferrol (44%, case 30.000 electores), Coruña (46%, máis de 100.000 electores). Eis nesa inhibición electoral (seguramente causada por fastío e alonxamento dos partidos das preocupacións cidadáns) pode atoparse algunhas das causas do paradóxico retroceso do voto de esquerdas e a mellora relativa das posicións conservadoras producida nas cidades galegas.
Na mesma liña podemos entender o sucedido en Redondela, onde se depositaron 1.544 votos nulos, causados, entendo na súa maior parte, polo chamamento realizado pola Liga Veciñal Polo Voto Útil, o que supón case un dez por cento dos votos emitidos (equivalentes aos dous concelleiros obtidos polo PG), ademais dunha clarísima reprobación aos partidos políticos redondeláns que levan anos e anos sen apostar por ningún tipo de renovación (o seu alcalde será o máis veterano dos galegos) nin na conformación das súas listas nin na súa proposta programática. Unha tristeza!
Ben sería que este toque de atención realizado fose pola vía do crecemento da inhibición electoral (un fenómeno que se produciu a nivel de todo o estado, 36%, case trece millóns de electores na casa, un 4,5% máis ca nas anteriores locais), fose pola da protesta nas urnas, servise para alertar aos tres partidos maioritarios galegos de que algo se está cocendo na sociedade civil por baixo da súa autocompracencia.

Etiquetas: Locais_2007
Se ca abstención se conseguira darlle un toque de atención aos políticos, estaría ben, pero tal e como están as coousa e cas leis que hai hasta o momento, solo os gañadores se benefician das abstencións que paradoxicamentem, é contra o que maioritariamente loitan os abstencionistas. O PG de redondela tuvo dous concelleiros, e seguro que o pintan coma un triunfo do “galleguismo”, asique xa me diredes. Efectivamente, os partidos teñen moito que cambiar, pero donde hai personas hai en consecuencia errores, un partido abstecionista, seguro que pecaba dos mismos errores ca os que hai, e así hasta o infinito. Eu poñéria a obligatoriedade do voto, e cambiaría as leis, pra que cando triunfe o voto en blanco, imhabilitar aos politicos que se presentaran por esa xurisdicció, e tamé facería llistas abertas en todalas votaciós. E o que un penso.
Gracias pola referencia. Non estou seguro en concordar con Suso en que o voto debería ser obligatorio, pero sí concordo en que se bedería permitir algún mecanismo de exclusión para situacións como a de Redondela (incluso si a suma dos votos de tódalas candidaturas non chegara ó 50%, o que tamén incluiría a abstención como voto de castigo), e efectivamente as listas deberían de ser abertas.
Xa metido a filosofar, o caso de Redondela, a historia (vista hoxe no TD) de concellos que, por non teren candidatos, non teñen eleccións nin alcaldía propiamente dita, ou a figura do “Concejo Abierto”, invitanme pensar na posibilidade de un cambio na estructura política dos concellos (por ser máis pequena que a estructura de un estado, por exemplo) hacia outro sistema, máis participativo e sin figuras unipersonais, máis democrático e menos “politicocrático” (desculpe esta licencia lingüística). Algo a medio camiño entre o que temos hoxe en día e o que sería unha asamblea veciñal.
Coido que habería que teorizar un pouco sobre iso.