Grazas, moitas grazas
Foi a de onte para min unha noite memorable. Catro obras de Xerais premiadas e, se isto xa non abondase, o premio para Brétemas (bautizado pola COPE como Nieblas) como Blog literario. Máis non se pode pedir. En todo caso, é de xustiza agradecer de corazón aos membros da AELG este recoñecemento, que sei desmesurado, e aos compañeiros de viaxe de Blogaliza por facelo posible cada día. Beizóns.
Hai que recoñecer tamén que esa editorial Generales debe de ser moi boa. Mira que gañar catro premios!!
Noraboa, amigo.
É abraiante, o da COPE! Traduciron todos os nomes. Que pasada!
Merecidísimo! “Brétemas” é un dos referentes indispensables da blogosfera do noso país. Noraboa, Manolo.
O de “ediciones generales” é fantástico, o da COPE semella cada vez máis unha emisora humorística que emprega, por certo, o mesmo tradutor que o conselleiro de cultura.
Malia darche os parabéns en persoa onte, quero que fique aquí constancia escrita deles. Pois ao cabo moito dos que por aquí pasamos consideramos tamén esta a nosa casa e ti o mellor anfitrión.
O da COPE, anecdotico. O importante e o seu premio, meus parabens
Moltes felicitats, Manolo!
Súmome aos parabéns anteriores. Unha aperta.
Pois moitos parabienes, entón! Manolo, é un premio merecidísimo. Como lector, alégrome moitísimo e sinto ese premio case coa emoción de se mo deran a min. Son os teus moitos anos ao pé do blog, creando un espazo útil non só para a editorial senón para comprendermos a cultura contemporánea do país.
…e unha cousa máis. Ás veces non valoramos as cousas porque parecen que están aí de sempre, que como nos veñen gratis…A cuestión é: canto perderían os blogs en galego sen Brétemas! Así que grazas, mil grazas por estar aí.
“Luz del Senegal”, din os da COPE. En fin, sempre nos quedará a lembranza dos magníficos informativos de Xosé María Palmeiro en Radio Popular de Vigo. Unha aperta, Brétemas, parabéns polo teu traballo de cada día.
Parabens, Manolo. Brétemas non fai honra ó seu nome: pon unha luz clariña mesmo en aspectos que poderían pasar sen ser vistos (anque sí notados) Dos teus éxitos todos recollemos algo.
Súmome aos parabéns, Manolo. Cada día bótolle unha ollada ás túas brétemas.
Mais un parabén pola sua espeléndida Bretemas. Sempre a leo.HaI pouca brétema nela, mais ben unha luzada.