Gonzalo Bouza-Brey agredido
Unha chapa republicana motivou a agresión sufrida polo poeta vilagarcián Gonzalo Bouza-Brey e a súa compañeira María Isabel hai dous días. Unha noticia que nos produce enorme estupor; unha mostra alarmante de intolerancia que merece a nosa máis enérxica repulsa. Venturosamente semella que María Isabel e Gonzalo van mellorando das súas feridas. Unha aperta agarimosa e solidaria para eles dous e un recoñecemento para a edición de La Voz de Galicia de Arousa que informou puntualmente de tan lamentable acontecemento.
Etiquetas: Gonzalo_Bouza-Brey
É unha vergonza que vándalos así campeen ás súas anchas polas rúas do país. Polo que se ve algúns aínda non se decataron de que vivimos en democracia e liberdade. A miña máis fonda aperta para o amigo Gonzalo e para María Isabel, cos mellores desexos dunha pronta recuperación. Para o salvaxe, o desprezo do silencio máis exacrábel.
Non me enterara diso… Tremendo. Non teño palabras.
Eu tampouco dou crédito, toda a miña solidariedade con eles.