«Galicia 25. Unha cultura para un novo século»
A exposición «Galicia 25. Unha cultura pra un novo século», inaugurada este serán no Centro sociocultural de Caixanova, é toda unha mostra de orgullo polo propio. Presentada en tres espazos e vinte e cinco módulos temáticos, organizada polo Consello da Cultura Galega con motivo do seu vinte e cinco aniversario, deseñada por Imago Mundi e producida por Merlín Comunicación, esta exposición constitúe un escaparate inédito sobre o paso de xigante que deu a cultura galega nestes cinco lustros. Volveremos sobre os contidos desta proposta. Recoméndoa vivamente.
Pois a ver si e verdade o da cultura, porke a economia vainos a traer moitos disgustos.
A. Coruñes
PD.Esperemos k non sexa unha de esas esposicions so de fotos e “cartelitos”.Cando veña por coruña xa irei a vela
Cómpre cambiar radicalmente as funcións do Consello da Cultura Galega: do “si, señor” debíase pasar ao “mire, isto habería que facelo así”.
Por outra banda, non se pode soster que institucións similares estean a facer o mesmo ou parecido traballo que o Consello. Tampouco que o traballo do Consello sexa pouco visible á sociedade galega (todo se organiza por/para/en Santiago).
É unha exposición bastante pobre na forma e chea de lugares comúns e autocompracencia nos contidos. Iso si, producida por colegas do mundo da edición….