GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Hoxe puxemos en marcha a iniciativa de civilidade para a lingua de todos. Aquí pode lerse o texto do manifesto que estamos promovendo.

Algúns medios como Vieiros xa informan dunha iniciativa que está correndo a unha velocidade tremenda. Grazas a todos e todas por darlle visibilidade.

 

11 comentarios
  1. A.C
    A.C Dice:

    D. Manuel, e moi loable a iniciativa, pero unha vez mais o sinto pero non comparto. Do fiasco do idioma en este pais temos culpa todos, e principalmente os politicos, tanto de unha como da outra banda. Esos manifestos de frases grandileocuentes “patrimonio da humanidade” soame como a inmensa maioria silenciosa da nosa terra, fora de lugar.
    O galego e patrimono dos galegos, dos k falamos galego, e sempre será asi. Saudos

  2. Syldavija
    Syldavija Dice:

    O galego non é un monumento de desfrute ceremonial como a Torre de Hercules ou a Catedral de Santiago, senón unha ferramente viva e válida.
    Patrimonio da Humanidade para definir o galego lembra moito ao uso que da lingua facia Fraga: cerimonial, culturalista…
    Eu quero unha lingua viva, moderna, axil, respectada…

  3. Syldavija
    Syldavija Dice:

    Explicándoo doutro xeito:
    http://www.elpais.com/articulo/opinion/japones/elpepuopi/20090703elpepiopi_6/Tes
    A opinión desa persoa é erronea pero probabelmente se basea na consideración de “lingua rexional”, de patrimonio cultural a conservar.
    Eu non creo que o galego sexa un patrimonio cultural a conservar, senón que é a nosa ferramenta de comunicación co mundo. Dun xeito peculiar estamos a lles dar a razón a GB que considera o galego coma unha materia digna de ser aprendida pero non O VEHÍCULO EDUCATIVO.
    De querer defendermos o galego a grande escala, iniciemos accións legais, non campañas absurdas afastadas do problema real. Aínda así penso que o conflicto que agora temos na nosa sociedade, pola nosa parte, non o imos gañar nunha guerra a grande escala porque non temos o apoio mediático abondo para o facer. Gañaremos pero por accións individuais, esixindo dereitos REAIS, a través da subordinación, como dicía non ha moito M. Pawley.
    Un saúdo

  4. helen
    helen Dice:

    Sr Bragado, outra forma de perpetuarse……….vostede? o galego ten que unirnos e debe facelo, para eso todos estamos dispostos, empecemos co noso exemplo a facer que todos amemos a nosa lingua, a epoca de imposiciós xa pasou, o idioma está vivo, para que quere museizalo, para que morra e perdure no recordo??

  5. Xosé M. González
    Xosé M. González Dice:

    Estimados críticos todos: prégolles non pór chatas á obra por títulos e miudezas. Se a gravidade da situación non chama á xenerosidade… ¿que gravidade ou momento o ha facer? Urxen iniciativas que conciten adhesión ampla, e a letra do manifesto non penso que sexa contraditoria co que quere e sente calquera defensor e partidario do uso público do galego, na conversa, a administración e o ensino; co que non admita recurtamentos do ata o de agora conseguido. A miña sinatura xa vai aló.

  6. Luis Romero Iglesias
    Luis Romero Iglesias Dice:

    É moi triste que che zoscaran de pequeno por falar na tua lengua, e se riran do teu acento por ahí fora como si foras un pailán. Moito mas ca eso é o amor pola tua Terra e a fala na que departiche coa tua xente. Síntome orgulloso do meu orixe. O meu idioma na Galiza é o galego.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] web Galego. Patrimonio da Humanidade podedes ler e asinar o manifesto a favor da lingua galega que pretende virar unha Iniciativa […]

  2. […] por romanlandin on Xullo 2, 2009 Paso por Brétemas e traio nas mans unha bola de pan quentiño para nos alimentar de ilusións e savia nova na defensa […]

Los comentarios están desactivados.