Fútbol, bandeira e lingua

Afeitos como estamos a dar conta de malas noticias, enchémonos de fachenda de abeizoar ao Club Deportivo Lugo ao Pontevedra Club de Fútbol, dous dos clubes de fútbol galego da 2º B, xa que decidiron incorporar a bandeira galega no colo da camiseta os lucenses e no seu escudo os do «hai que roelo».  A este xesto hai que engadir a consideración por parte dos pontevedreses do galego como o seu idioma oficial, tanto na súa documentación oficial como na megafonía do estadio de Pasarón. Pola súa banda, o Celta, o equipo pioneiro na utilización do galego como lingua oficial da megafonía no estadio (un feito xa consolidado, e promovido dende o concello, hai dúas décadas), tras as vacilacións da pasada tempada no uso do galego nas súas publicacións, decidiu incorporar a galega como unha das linguas da súa nova web. O Coruña de Lendoiro, o Rácing de Silveira e o Compostela de Caneda ben poderían facer algún xesto co noso idioma.

15 comentarios
  1. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Non sabe como me gusta ler eso de O Coruña, que era o seu nome verdadeiro antes de aggiornarse (para as súas glorias, todo hai que recoñecelo) en Dépor.

  2. bretemas
    bretemas Dice:

    Eu fun a moitos partidos do Coruña dende o 73 ao 75. Daquelas os rapaces que acudiamos á grada infantil, situada a carón do Palacio de deportes (recén construída) chamabamos así o equipo. Moito lle agradezo o seu comentario, mais aínda vindo de que ven, xa que máis dunha vez algúns deportivistas afeáronme a anotación por utilizar esta denominación. Saúdos agradecidos.

  3. Pablo
    Pablo Dice:

    Foi o Coruña de toda a vida, incluso para os coruñeses. O do Dépor chegou pouco despois do ascenso.

    Por certo, que na nova web do Celta (usabilidade cero, unha chapuza) o galego é unha traducción automática da versión en castelán, que parece a orixinal.

  4. A.C
    A.C Dice:

    Segun a web do deportivo, o club fundase no ano 1902 co nome de “Real Club Deportivo De La Coruña”. Eu k non son moi fuboleiro sempre o coñecin por “depor” ou “deportivo”. E tamen coñezo algun siareiro deportivista k di, k si a o Deportivo en Vigo chamanlle “O Coruña”, aki tamen podemoslle chamar a o Celta “O Vigo” . Xa se sabe, a eterna rivalidade dos dous ekipos. Saudos, e Forza Depor e Aupa Celta

  5. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Esto non é cuestión de Vigo: meu pai, que é do Spórting (de Xixón. por suposto), sempre o chamou o Coruña. E en Asturias, toda a vida foi o Coruña. O de Dépor é novísimo.
    É máis: eu fun socio da Ponferradina durante moitos anos. Cando eu marchei dalí seguía sendo a Ponferradina. Hoxe é a Deportiva, probablemente por imitación. O que parece histórico, pode non ter máis alá de vinte anos.

    Por certo, cada vez está máis difícil o do antispam: hoxe martyrs McNally.William

  6. bouzafria
    bouzafria Dice:

    O rechamante non é o comentario de Arsenio dicindo que “o Coruña foi superior”, nin a lesión de Paco, o porteiro do Cádiz ( pode que sexa o que despois sería coñecido como SuperPaco no Sevilla); non, o importante é a disposición estratéxica dos xogadores: 3-2-5, desprezando os xa clásicos WM ou o 4-3-3: ¿autarquía futbolística española nunha época sen triunfos?

  7. Breixo
    Breixo Dice:

    Respeito por respeito, se queredes recibir “respeito” actuade consecuentemente. O Deportivo, foi o Deportivo dende moitos anos antes de que o Celta vira a luz. Que por desprezo moitos lhe deran em chamar o “Coruña” e outra cousa. Se queredes desprezo, teredes desprezo, pero logo nom equiparemos unicamente o localismo coas xentes da Corunha.

  8. neno
    neno Dice:

    Como LLE diciamos os de Pontevedra a un popular repartidor ambulante de xornais nos anos 60:

    – NENOOOOooooooo, perdeu o Coruña,

    Ao que o repartidor, respostaba con voz gangosa,

    – ME CAGO EN TU PUTA MADREEEE¡¡¡

  9. otraveseiro
    otraveseiro Dice:

    Ao Deportivo SEMPRE se lle denominou así na Coruña, dicer o contrario é dunha ignorancia tremenda, ou, en todo caso, gañas de foder. Si que recoñezo que fóra se lle chamou “Coruña”, até lembroo así nas quinielas e nos xornais españois, ou aos xornalistas e adestradores máis veteranos (José María García, Luis Aragonés…) refírense ao Club como “Coruña”, pero non atoparás a un deportivista, e moito menos coruñés, chamarlle así. Tamén resulta pouco probábel ou imposíbel que Arsenio dixera “Coruña”, outra cousa é que o poñan aí.

    Por outra banda, o de DEPOR é máis actual, pero tampouco tanto, escomezouse a chamar así polos seareiros máis novos a mediados dos oitenta.

    Saúdos.

  10. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Hai que recoñecer que mediados dos oitenta xa é moi pero que moi antigo. Xa o dixen. Pero cando falamos do Coruña falamos de moito antes. Eu teño 48 anos e en Ponferrada iso do Deportivo soaba a extravagancia. Digo anos sesenta. O Coruña, toda a vida. E non creo que en Ponferrada precisamente houbera a máis mínima tirria polo Coruña. E en toda Asturias. E en Cádiz.
    Agora se se quere aproveitar que a égua pasa por Rego de Agua (sic), pois nada. A ofenderse toca. Eu, desde logo, non xogo a eses partidos de localismo low cost.

  11. Mr Tichborne
    Mr Tichborne Dice:

    A razón disto é que o Coruña era outro clube, distinto do Deportivo, co que chegou a rivalizar moito. Sempre se falou de que terían que rematar fusionándose, mais o Coruña desapareceu. Ninguén na Coruña lle chama “Coruña” ó Deportivo. Por desgraza, mercé á política galegófoba de Lendoiro, no estranxeiro ó Dépor coñéceselle como “La Coruna”. Dou fe.
    A.C.: O nome orixinal era “Club Deportivo de la Sala Calvet”, o ximnasio onde se fundou, e logo pasou ser “Club Deportivo de La Coruña”. O de “Real” concederíallo máis tarde Alfonso XIII.
    Mais, se se lle quere chamar “Coruña”, adiante. É como chamarlle o “Londres” ó Arsenal ou o “Gelsenkirchen” ó Schalke 04. Alá cadaquén.
    Saúdos a todos.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] parece que en Vigo, que fala maioritariamente castelán, o Celta dá exemplo e fala galego, segundo conta Brétemas nun atinado post. Mais o clube polo que eu torzo (ninguén é perfecto), o Deportivo da Coruña, […]

Los comentarios están desactivados.