Francisco Castro incorpórase a Galaxia
Francisco Castro incorporouse ao cadro de persoal da editorial Galaxia para encargarse dos Novos Proxectos (presupoño que para desenvolver os relacionados, especialmente, co mundo dixital e a edición electrónica). Un profesor e escritor experimentado e un inquedo animador cultural e da lectura como foi até agora Francisco, son un perfil moi prometedor para un convertirse nun bo editor disposto a alongar as perspectivas do libro galego. Os meus mellores desexos de éxito para el e os meus parabéns para a editorial Galaxia por tan importante fichaxe.
A eso se le llama elegancia que quizás en otros sectores o incluso en éste a veces no abunda.
Siempre que haya buenos profesionales se supone que el libro en gallego saldrá ganando.
Alédome da decisión tomada por Galaxia, de ter fichado a un tan bo partido. Seica Francisco non os decepcionará, todo o contrario. Felicito a Bragado pola súa honesta e sincera felicitación, actitude propia dun auténtico cabaleiro das letras. Alédome por que culturalmente todos imos saír gañando.