Filias e fobias
O artigo de hoxe de Ferrín é deses que vai dar moito para falar. Canto menos abre dous grandes debates: por unha banda, o da necesidade de que todos os políticos do novo Goberno Galego atendan as chamadas do mundo da creación cultural (que ten o dereito e a obriga de expresar a súa opinión, como xa o veu facendo nos difíciles tempos dos gobernos de Fraga); por outra, o da pertinencia para eles en contestar eses cuestionarios envelenados (aparentemente tan “intrascendentes”), que adoito aparecen nas páxinas a cores dos xornais (cónstame que, en concreto, estas “Filias e fobias” é unha das seccións máis seguidas do suplemento Visado).
Non teño dúbida ningunha de que a conselleira Ánxela Bugallo é unha persoa culta e sensible (as súas respostas ao cuestionario demóstrano e a súa recente intervención en Vigo ratificouno). Sen embargo, o certo é que nesta ocasión non acertou evitando inserir as súas preferencias no canon cultural galego. Entendo que o fixera, probablemente, para non ferir a ninguén e manter unha equidade institucional entre todos os creadores. Mais, velaí, que o resultado desta opción foi contraproducente e pouco acorde co papel de potenciadora da nosa industria cultural, que sabemos ela quere desenvolver con afouteza e creatividade.
Desde hai tempo comparto a necesidade de emular entre nós a campaña que Rogerio defende dende o seu blo: “Leiam jornais de referência em papel. Ouçam fado e hip-hop em CD. Apoiem a informação e a cultura portuguesa”. Sei que a nosa conselleira non ten problemas para encabezar, dentro do novo goberno, unha campaña semellante, que todos deberiamos tamén apoiar na sociedade: “Lean libros e revistas en galego. Escoiten música galega en cedé. Asistan as representacións do teatro galego. Apoien os produtos da industria cultural galega”. No éxito desta campaña dentro da sociedade galega está boa parte das responsabilidades que asumiu a Conselleira de Cultura e o seu magnífico equipo de colaboradores.

Pois a min o artigo de Méndez Ferrín paréceme bastante estúpido, cousa que, por outra parte, non me sorprende.
Eu tamén penso que Ferrín se equivoca e que fai un canón dunha anécdota.
As poucas cousas que lle oín a Ánxela Bugallo van na liña de traballar ao lado da creación cultural galega e proxectala no mundo.
Quizais, non o sei, a Ferrín lle gostaría un “canón” disciplinario e patriótico. Pero coido que nin estos son os tempos nin o mundo da cultura o admitiría.
Ayatollah, no me toques la pirola.
Aínda que non o defenda, a min paréceme moi humano o auto-odio, o complexo de inferioridade e a ignorancia do propio.
O que me parece inhumano e case criminal, é esa familiaridade co ‘canon español’. Who the hell is Vizcaíno Casas?
Sospeito que hai cousas que é mellor descoñecer.
A proba contraditoria de que o gran escritor Ferrín da narrativa e poesía galegas é tamén, cando lle peta, un opinólogo de ranciadas filototalitarias…
talvez Bugallo foi máis sincera do que política, talvez por pura inxenuidade está a pagar o que tantos de nós respostaríamos no seu caso. no que atinxe a Ferrin, puro integrismo.
Completo o meu comentário anterior:
Méndez Ferrín tem razom em que vivemos num país colonizado. Seria muito melhor nom conhecermos Vizcaíno Casas nem Pío Moa, nem… Mas, como dizia o outro, “as ideias da classe dominante som as ideias dominantes”.
O que me dá arrepios é isso de dar pontos extra aos “produtos culturais galegos” simplesmente por serem galegos e isso muitas vezes por cima da sua qualidade artística. Nada novo no pensamento do Sr. Ferrín (lembrai a autocomplacente tese da “Idade de Ouro”); simplesmente é mais um exemplo do seu chauvinismo autárquico.
A industria cultural galega ten que promover produtos de calidade. Isto algo inherente a súa función. Polo tanto, non debe avergoñarnos, se artisiticamente o merece, defender orgullosamente a produción cultural propia e promover o seu coñecemento e consumo entre a nosa cidadanía.
Isso ninguém o critica, Brétemas. Mas exigir que a conselheira da Cultura prefira os poetas das Redes Escarlata sobre o resto da literatura universal é um bocado pretensioso, nom é?
É como se eu lhe pido ao Suárez Canal que diga publicamente que o tinto de Betanços lhe dá mil voltas aos Pinot Noir da Borgonha.
Méndez Ferrín debería avegoñarse de manter semellante actitude que pouco fai pola cultura galega.
Tes toda a razón, Subcomediante. Con todo, apuntareiche que ese problema nunca o vai ter Alfredo xa que é abstemio total: no seu caso nin Betanzos nin Pinot. Cando defendo a necesidade de apoiar a nosa produción cultural (como defende a conselleira Ánxela Bugallo) non o fago por chovinismo ningún (faltaría máis!), mais si coa pretensión explícita de que valoremos, na súa xusta medida, o que contamos (a maior parte das veces, máis do que se ve no mercado). Os ribeiros de Emilio Rojo compiten nos restaurantes galegos cos viños franceses do seu prezo; porque non vai suceder o mesmo cos nosos libros, cos nosos discos ou coas nosas programacións teatrais? Para min este segue sendo un problema de visibilidade. Eu teño moitísima confianza na calidade da nosa produción cultural (da que debemos ser enormenete críticos e ponderados na súa valoración), ao mesmo tempo que enorme curiosidade por coñecer e gozar de todo o que se está facendo no mundo e estea o noso alcance. Obrigado polos teus comentarios.
Pero non todos o ribeiros galegos son como os de Emilio Rojo. Aplíqueo tamén aos produtos culturais.
Sempre falo de produtos galegos de calidade. Claro que si! A nosa produción cultural debe ter a excelencia dese magnífico viño que citamos.
¿Ferrin pasouse as notas de sociedade? Qué maneira de perdelo tempo: isto é consecuencia de que en galiza non exista unha publicación do estilo Lecturas ou Ola.
A Ferrín góstalle a moza. Antes para seducir utilizaba outras armas. A crítica é unha parvada, pero non deixa de amosar o estilo demagóxico que sempre tivo Ferrín. ¿Quen lle escribe os libros?
Ben falado, señores. O mundo é ancho e o señor Méndez Ferrín, un estreito.