Figo compra Leya, o maior grupo editorial portugués?

Segundo lemos no blog do Jornal das Letras, o futbolista Luis Figo convertirase proximamente no accionista maioritario do Grupo Leya, o conglomerado editorial máis importante de Portugal, do que forman parte editoras como Dom Quixote, Caminho, Asa, Oficina do Livro ou Teorema. O internacional portugués pretende crear unha colección dedicada especificamente ao deporte e negociar un acordo co Gil Vicente Futebol Clube (o equipo de Barcelos) para que os seus xogadores leven nas camisetas imaxes das novidades literarias do grupo. É coñecido o interese pola literatura do  exfutbolista do Sporting de Lisboa, Barcelona e Real Madrid, hoxe no Inter de Milán. O propio Saramago ten dito que el como autor se consideraba «o Figo da literatura». Figo abre un novo vieiro nas relacións entre o fútbol e a edición? Quen podería protagonizar un caso semellante entre nós? A pesar do atractivo da nova portuguesa, teño dúbidas de que isto non sexa tamén unha brincadeira tan boa coma de Berto.

😉

Vía: Booktailors

5 comentarios
  1. Leroy
    Leroy Dice:

    Estimado Manuel:

    La noticia me ha dejado sorprendido. No sé si alegrarme porque un deportista famoso se interesa por los libros o preocuparme porque éste es el comienzo de una nueva tendencia dentro de la industria editorial: famosos inviertiendo en editoriales para ver publicados libros que sólo a ellos les interesan. Probablemente no haya de qué preocuparse, a Figo no es el único al que le gustan los libros sobre el deporte, pero después de todo lo que ha pasado en el mundo del libro no es fácil mantenerse relajado ante eventos tan peculiares como éste.
    Saludos

  2. Veloso
    Veloso Dice:

    No Celta tivemos a Dan Eggen, aquel longuísimo central noruegués. Dicían as malas linguas que, en certa presentación dun trofeo que se celebraba no Pazo de Castrelos, foi o único membro do equipo que amosou interese por visitar o museo. Talvez sexa el o noso particular Figo. Un saúdo.

  3. r.r.
    r.r. Dice:

    Pois por Coruña unha vez pasou Pardeza, un xogador de Zaragoza que seica lía libros. Pero eu a día de hoxe non sei se crer nada…

Los comentarios están desactivados.